Valdoviño-O Concello adhírese ao convenio coa Xunta para a concesión de axudas á hostalería afectada pola covid-19

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou na mañá deste mércores
de que o Concello aprobou a adhesión ao convenio coa Xunta de Galicia para a concesión de axudas aos negocios de hostalería afectados polos peches derivados da crise da covid-19. A medida será ratificada no pleno deste xoves.

Así, a Administración local apunta que un bo número de establecementos do
municipio quedou fóra da liña de subvencións aberta pola Xunta ao esgotarse a
partida orzamentaria, e por iso, o Concello decidiu contribuír economicamente ao
programa co fin de evitar que os negocios que cumplisen os requisitos quedasen
sen a achega.

Deste xeito, o alcalde apunta que o Concello aportará 1.000 euros en concepto
de axuda a cada un dos establecementos que se atopen nesta situación.

Lea también

Valdoviño-O alumnado do CPI Atios completou a peregrinaxe a San Andrés de Teixido

O alumnado de 6º curso de Primaria do CPI Atios de Valdoviño xa non sufrirá …