O BNG aspira a modificar os orzamentos municipais coas súas propostas

María do Mar López e Iván Rivas diante da casa natal de Ricardo Carvalho Calero | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, diante da presentación do borrador de orzamentos municipais para o ano 2021, cualificou o mesmo como un documento «continuista» e afirmou que desde o Bloque Nacionalista Galego únicamente agardan que o goberno local «sexa sensíbel e receptivo às propostas que desde o BNG lle imos facer«.

O portavoz indicou que as propostas nacionalistas irán en favor dos colectivos e barrios da cidade máis desfavorecidos e esquecidos. «Barrios como o do Inferniño que actualmente está vivindo unha situación moi problemática, persoas en risco de exclusión social como consecuencia do que levamos vivindo todos estes meses, ou propostas para ámbitos da cidade como a zona rural que deberían ser perceptoras dun esforzo económico maior produto do abandono de tantos anos atrás

Iván Rivas salientou que as propostas do BNG o que pretenderán é «reorientar uns orzamentos que fundamentalmente son uns orzamentos continuistas e que a grandes rasgos apostan por manter o criterio desenvolvido ao longo dos últimos anos de que sexan as grandes empresas privadas as que xestionen e se enriquezan dos servizos que deberían prestar as administracións públicas, neste caso a administración local e para o cal reservan case 30 millóns de euros nestes orzamentos municipais

Así mesmo, Rivas lamentou que o goberno local propoña «alternativas do pasado para o desenvolvemento da cidade, a cal debería coller outro camiño, exemplificado no feito de que se continúe a apostar polo desenvolvemento dun proxecto urbanístico especulativo para o Sánchez Aguilera mentres a cidade ten tantas e tantas vivendas baleiras desocupadas que deberían ser subceptíbeis dun esforzo inversor para a súa recuperación e rehabilitación«.

Por estes motivos, tentaran «reorientar estas directrices con propostas concretas e proxectos de inclusión social, rehabilitación do patrimonio e xestión pública dos servizos«.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …