O BNG propónlle ao goberno local incluir proxectos de accesibilidade para que poida aprobar a modificación de crédito

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, «diante do bloqueo provocado polo PP» para a aprobación dunha modificación de crédito no último pleno municipal e «diante da parálise do PSOE para levala adiante«, fai unha proposta ao goberno municipal de Ángel Mato co obxectivo de que a modificación de crédito pendente de aprobación e que será debatida no pleno deste xoves «sume os 13 votos e poida ser aprobada«.

Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, indicou que a alternativa que plantexa o BNG consiste en retirar da proposta do goberno local a operación de intercambio financieiro (swap) e destinar esa cantidade, 550.000 €, a traballos de accesibilidade que sirvan para executar a 5ª fase de adecuación dos pasos peonís da cidade e de redacción da 6ª fase.

Iván Rivas considera que os compromisos financieiros asumidos por gobernos do pasado «e de dubidoso interese para o Concello non debe ser un prioridade para o goberno nestes momentos e que polo tanto este diñeiro debería destinarse a paliar moitas das deficiencias existentes na cidade como pode ser mellorar e garantir a accesibilidade a todos os veciños e veciñas.«

Iván Rivas apremiou ao alcalde da cidade a asumir esta proposta, «que lle permitiría contar cos 13 votos necesarios para levala adiante e que dado a urxencia debería mobilizar ao goberno local para aprobala o antes posible«. Para o BNG esta proposta «ademais de reorientar a política do Concello en favor dos veciños e das veciñas permitiría contratar aos socorristas para esta tempada de verán e a execución dos proxectos do POS na zona rural incluidos nesta proposta como o acondicionamento da parcela ao carón do cemiterio de Covas, o aglomerado do camiño da Regueira ou o camiño do Vinculeiro entre outros, así como a reurbanización de Pardo Baixo ou as retribucións ao persoal municipal.«

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …