Narón-Entrega dos diplomas dos Consellos de Participación Infantil a alumnado dos colexios da Gándara e Piñeiros

Alumnado de sexto curso do colexio da Gándara e de quinto de Primaria do de Piñeiros recibiu este mércores de mans da alcaldesa, Marián Ferreiro, o diploma que acredita a participación da súa aula nos Consellos de Participación Infantil organizados polo Concello a través do equipo de Educación Viaria de Narón. Ao acto acudiu tamén o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, unha das responsables do equipo de Educación Viaria do Concello, Sonia López, e Cheiling Venegas, promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia (Costa Rica), que participa estes días nunha pasantía en base a un convenio entre Narón e Ciudad de Heredia para compartir experiencias sobre proxectos de educación viaria.

No colexio da Gándara a alcaldesa felicitou ao alumnado, que a través dos Consellos de Participación Infantil presentou unha proposta para cubrir o skatepark da Gándara e construír un parkour, actuacións que no seu día trasladaron ao edil de Obras, Pablo Mauriz, para analizar a súa viabilidade.

Tamén felicitaron os representantes do goberno local ás alumnas e alumnos do centro de ensino de Piñeiros, que solicitaron o repintado das pegadas do Camiño Escolar Seguro cara ao centro e a instalación de semáforos con aviso sonoro para o paso de peatóns.

Ferreiro e Romero destacaron o éxito desta convocatoria e valoraron “o esforzo que realizou o alumnado e profesorado dos centros que participou nestes Consellos, aos que temos que agradecer cada unha das propostas plantexadas e encamiñadas a definir o futuro da cidade”.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …