Concello e Eixo Atlántico organizan unha actuación de Katia Guerreiro e Ugía Pedreira para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero

Xoán Vázquez Mao, Ángel Mato e Antonio Golpe presentando o concerto homenaxe a Ricardo Carvalho Calero | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xosé Vázquez Mao, acompañados polo concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, presentaron esta mañá no pazo municipal o ‘Concerto das Letras Galego-Portuguesas’, que ofrecerán Katia Guerreiro e Ugía Pedreira no Auditorio Municipal de Ferrol o próximo 28 de maio, ás 20 horas.

O rexedor apuntou que se trata dunha iniciativa que buscar homenaxear ás letras galego-portuguesas tendo en conta o interese do autor polo lusismo ao tempo que “dar continuidade ao recoñecemento da cidade a Ricardo Carvalho Calero posto que o ano pasado a pandemia impediu celebrar o seu Día das Letras como merecía”.

Mato revelou que dúas artistas levan xa semanas preparando un repertorio especial que estará acompañado dunha montaxe visual, todo arredor da figura do escritor ferrolán. Agradeceu a “implicación” do Eixo na organización e no cofinanciamento dun concerto que «pretende contribuír a unir dous pobos tan próximos”.

Pola súa banda, Vázquez Mao destacou que o respaldo do Eixo á iniciativa cultural se une ao xa mostrado á cidade de Ferrol nos pasados meses no ámbito das infraestruturas e do desenvolvemento económico. Forma parte da estratexia de situar á cidade dentro da eurorregión ao tempo que apoiar ao sector da cultura, que xera, dixo, “emprego, satisfacción e actividade económica á hostalería e ao comercio”.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …