Narón-O Concello destina preto de 50.000 euros a reformar o vial entre Vilacornelle e Sinde, no Val

O Concello de Narón acomete no lugar de Vilacornelle, no Val, os traballos de reforzo de rodadura no camiño de Vilacornelle, unha actuación enmarcada no Plan de Mellora de camiños de titularidade municipal.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para comprobar o avance da intervención. Ferreiro explicou que os traballos supoñen ás arcas locais un investimento que ronda os 50.000 euros, “unha contía que permitirá mellorar o pavimento deste vial entre Vilacornelle e Sinde e que inclúe tamén melloras nas zonas afectadas polas augas, limpezas…”.

A rexedora local indicou que, tal e como se recolle no proxecto, as obras céntranse no treito intermedio das tres fases, ao ser o máis transitado, actuando tamén nas beiravías e cunetas para conseguir un ancho de vía de 3,5 metros coa nova capa de rodadura e aglomerado na maior parte do trazado.

Este vial, tal e como recordou Ferreiro, foi anteriormente obxecto de varias actuacións de mellora debido a que rexistra unha elevada densidade de trafico, maiormente de vehículos agrícolas ao localizarse nas proximidades de varias explotacións hortofrutícolas e de gandeiría, así como vivendas. “Consideramos que é o momento de realizar neste vial unha intervención de maior calado, ao igual que faremos este ano en moitos outros viais da zona rural do municipio”, asegurou a alcaldesa.

En canto á actuación, Ferreiro indicou tamén que os traballos se executarán na súa totalidade sobre terreo público, de titularidade municipal, polo que non haberá afeccións a particulares. A obra completarase coa limpeza de noiros e cunetas existentes, se ben se reabrirán novas cunetas nos tramos nos que sexa necesario, e coa sinalización pertinente.

Lea también

Narón-A alcaldesa presentou o proxecto do parque cuberto da praza 23 de Novembro, na Gándara

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou este mércores o proxecto do parque cuberto da …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *