Neda premiará con agasallos a confianza da clientela do comercio, hostalería e negocios locais

Recompensar a fidelidade da clientela habitual, e incentivar o consumo no comercio e hostalería nedenses. Estes son só dous dos obxectivos da campaña de promoción “Grazas por elixirnos”. Trátase dunha iniciativa, impulsada polo goberno municipal de Neda para apoiar ao sector servizos, baseada nun gran sorteo de premios entre os consumidores que terá lugar o próximo 31 de maio.

O Concello repartirá entre os titulares dos 80 negocios que se sumaron ao proxecto
de dinamización «#QuedaEnNeda», un total de 16.000 boletos numerados, para que
os repartan entre quen compre, consuma ou contrate servizos profesionais nos seus
locais entre o 18 e o 26 de maio, e poidan así gañar media ducia de premios.

A administración local sorteará entre os compradores tres grandes cestas de
produtos do comercio local, e outras tantas comidas/ceas para dúas persoas nos
restaurantes da vila que decidan as persoas gañadoras.

Con esta iniciativa preténdese gratificar a aquelas persoas que confían de forma habitual nos negocios de Neda nun momento especialmente difícil por mor da covid-
19; contribuír a reforzar as súas vendas e finalmente, poñer un pequeno grao de area para axudarlles a captar novos públicos.

A campaña é unha das acción do proxecto «#QuedaEnNeda», activado polo concello no último trimestre para dar a coñecer a oferta de negocios e profesionais nedenses.
Nel participaron unha ducia de panaderías da vila, todos os supermercados e tendas de alimentación, todos os establecementos de saúde (farmacias, medicina privada,fisioterapia, podoloxía), tendas de moda, electrodomésticos, agasallos, ata 17
establecementos de restauración e hostalería, así como xestorías, talleres, produtores de agricultura ecolóxica ou servizos para mascotas…

Os negocios que se sumen a “Grazas por elixirnos” deberán colocar nun lugar ben
visible o cartel identificativo da promoción, que se resolverá o último día deste mes.

O Concello informará a través das súas redes sociais e da páxina web municipal dos números correspondentes aos boletos premiados, tendo as persoas gañadoras que presentar o billete no prazo máximo de 5 días. En caso de non aparecer os premiados, procederase a realizar un novo sorteo.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …