Valdoviño-O Concello convoca o proceso selectivo para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño vén de convocar o proceso de selección para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias no ano 2021. Así, a duración do contrato, a media xornada, será por espazo de 3 meses. As persoas interesadas en optar ao proceso poderán presentar a súa instancia no rexistro municipal ou vía telemática a partir de mañá martes, 18 de maio, e por espazo de 5 días hábiles.

As contratacións realizaranse ao abeiro da liña de subvencións que impulsa a
Deputación provincial da Coruña, e estarán condicionadas á concesión definitiva
da axuda solicitada polo Concello.
Bases da convocatoria na web municipal: https://cutt.ly/7bVDxDY

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …