Entregado el premio del XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume

Xulia Rey de la Vega é a gañadora do XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume pola súa obra ‘Bágoas dun raposo’. Recibiu un premio de 600 euros, concedido polo concello. Victoria Rodríguez Bellón obtivo un accésit con ‘Esta preocupación que eu teño’.

O Concello de Pontedeume fixo público este luns o fallo do premio coincidindo coa festividade do Día das Letras Galegas. Foi nun acto que se celebrou na Casa da Cultura de Pontedeume e no que tamén se presentou o volume VI da recopilación dos contos gañadores do concurso nos últimos cinco anos.

O concello pretende coa organización deste premio estimular a creación literaria por parte da mocidade. Os contos presentados debían estar escritos en galego e ser inéditos.

O concurso vai dirixido ao alumnado de segundo ciclo da ESO, Bacharelato, e ciclos de grado Medio e grado Superior que conten con menos de 20 anos.

Lea también

Prosiguen en Valdoviño los encuentros vecinales, esta vez en la casa de la cultura

Los Encuentros Vecinales en las Parroquias continúan esta semana en Valdoviño. Este jueves 25 de …