Narón-Alumnos do «Jorge Juan» presentaron o funcionamento de códigos QR no parque biosaudable de Xuvia

A alcaldesa de  Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse na mañá deste martes ao parque biosaudable do paseo marítimo de Xuvia para acudir a un acto convidados por alumnado do colexio Jorge Juan.

Escolares de sexto curso de Primaria deseñaron uns códigos QR que colocaron nos equipos do citado parque e que redirixen a uns vídeos tamén gravados por eles nos que explican o seu funcionamento.

Ferreiro e Oreona comprobaron en primeira persoa o funcionamento dos códigos e felicitaron ao alumnado polo traballo realizado nas aulas para poder materializar esta iniciativa.

As rapazas e rapaces explicáronlles aos representantes do goberno local que previamente realizaron un traballo nas aulas interdisciplinar, no que se combinaron materias como Ciencias e Educación física, estudando os músculos e os ósos, así como o funcionamento e as características de cada equipo do parque, sobre o que se informaron nas aulas de informática. Ferreiro incidiu no “intenso traballo realizado dende hai varias semanas no centro co apoio do persoal docente para poder levar a cabo esta gran iniciativa”. Así mesmo, reiterou o seu agradecemento polo convite a esta primeira xornada na que colocaron os códigos QR en cada un dos equipos.

É un orgullo coñecer o traballo previo que fixestes e ver o excelenteresultado hoxe aquí con vós, polo que vos animo a continuar traballando nesta liña, facéndonos as propostas que consideredes oportunas para mellorar cada día entre todas e todos a nosa cidade, algo para o que contaredes en todo momento co apoio do Concello de Narón”, subliñou Ferreiro.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …