O alcalde de Valdoviño anima ao PP de Cedeira a respectar a autonomía local e plantear medidas con máis rigor

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, explicou na mañá deste luns que establecendo a limitación a 30 no vial que discorre entre a casa consistorial e a estrada de acceso ao CPI Atios o Concello de Valdoviño unicamente está a cumprir a normativa estatal coa que se pretende rebaixar a siniestralidade e mellorar a seguridade vial.

Que o PP de Cedeira respete a autonomía local

Neste sentido, o rexidor pídelle ao PP de Cedeira que respecte a autonomía local e dote de rigor as súas propostas, xa que a Consellería de Infraestruturas non ten competencias para «ordear» ao Concello de Valdoviño a modificación da velocidade nun vial de titularidade municipal en zona urbana. Un vial polo que o PP de Cedeira quere que se vaia a maior velocidade, e que a día de hoxe serve de conexión co centro de saúde, coa casa da cultura, co centro sociocomunitario, cos viais de baixada á praia da Frouxeira, ou co colexio. Precisamente, o entronque da vía co CPI é un punto conflictivo dende o punto de vista da mobilidade, así trasladado polo Concello de Valdoviño á Xunta, de modo que colabore na redacción do proxecto para modificar a intersección.

Así as cousas, esa modificación proposta polo PP de Cedeira permitiría reducir o
tempo da viaxe a Ferrol en menos dun minuto a costa de elevar a velocidade na zona urbana de Valdoviño. Por isto, o alcalde anima aos populares de Cedeira a plantear medidas máis efectivas para lograr ese obxectivo, como pedir á Consellería de Infraestruturas, neste caso si con competencias, que axilice as obras de mellora da estrada AC566 -entre Cedeira e Valdoviño-, ou retome o
proxecto da variante de Valdoviño como estaba planteada no estudo de 2008.

 

Lea también

Un conductor investigado al circular por Ortigueira a 188 km/h en una carretera limitada a 90

Efectivos del Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de A Coruña investigaron al conductor de …