O BNG pide incluir a rehabilitación do mercado de Recimil nos orzamentos municipais

Iván Rivas en Recimil | Galicia Ártabra

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, considera «necesario e urxente» acometer as obras de rehabilitación do mercado de Recimil este mesmo ano e defenderá a súa inclusión no proxecto de orzamentos municipais para o 2021 que está a tramitar o goberno local.

Afirma que é «preciso dar cumprimento aos acordos plenarios existentes neste sentido» e lembrou que hai dúas mocións do BNG aprobadas con este fin, a última do pasado mes de marzo na que se acordaba reservar unha partida económica nos orzamentos municipais tanto para a redacción do proxecto como para a súa execución.

Para o BNG a recuperación e posta en valor deste espazo municipal é unha das necesidades básicas que ten o barrio de Recimil «xa que o mesmo debe contribuir ao desenvolvemento social, económico e residencial desta zona da cidade que na actualidade presenta moitisimas deficiencias, tanto de uso, como de ocupación, como do seu estado de conservación debido aos nulos investimentos que ten recibido durante os últimos anos«.

Este é un proxecto «inaprazábel» e lembra que xa existe un estudo sobre este mercado, do ano 2018, «que permanece nun caixón do Concello e que debería servir de base para acometer a rehabilitación deste mercado que posibilitaría unha nova asignación de espazos, unha nova agrupación de usos ou a habilitación de espazos exteriores que permitan que o mercado de Recimil sexa un dos principais focos de dinamización económica do barrio e que contribuirá a dinamización social do barrio«.

Para o BNG incluir este proxecto de rehabilitación nos orzamentos municipais deste ano 2021 «é un compromiso plenario que o goberno local non pode marxinar

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …