O BNG presenta alegacións ao estudo de viabilidade do centro deportivo de A Malata

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar as súas alegacións ao estudo de viabilidade para a reforma, ampliación e explotación do centro deportivo municipal ubicado no estadio de A Malata nas que solicita ao goberno local que desestime este documento e que opte xestión pública e directa da instalación por parte do Concello de Ferrol mediante medios propios.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinala que as alegacións presentadas polo BNG «desmontan a idea de que un contrato de concesión de obras é a opción idónea para a xestión desta infraestrutura xa que estas afirmacións están baseadas en xuízos de valor. Non se describe nin concreta, no documento, as vantaxes e beneficios que este sistema de xestión reporta, limitándose exclusivamente a expoñelas de maneira xenérica. Tampouco se desenvolve ningunha comparativa con outro método de xestión que permita coñecer as vantaxes e inconvenientes de cada unha das alternativas analizadas«.

Para o BNG o estudo económico elaborado demostra que «tanto os investimentos que precisa a instalación como o seu mantemento son perfectamente asumibles polas arcas municipais«. A renovación da instalación «se pretende financiar mediante 1 millón de euros que van pagar os veciños e veciñas de Ferrol directamente a través das arcas municipais xunto cos abonos dos usuarios e usuarias. Os 1,2 millóns de euros de fondos propios que vai aportar inicialmente a empresa privada son perfectamente asumíbeis polo Concello de Ferrol, sobre todo, se temos en conta que a administración local vai aportar 1 millón de euros de maneira directa pagándolle a empresa concesionaria unha taxa de 100.000€ anuais durante os 10 primeiros anos da concesión«.

Asi mesmo para o BNG a xestión mediante un operador privado, tal e como se recolle no plan de viabilidade, «con prezos de acceso ríxidos e preestablecidos ademais da imposibilidade facer uso deses espazos por parte da administración local impide o acceso a estas instalacións dos colectivos da cidade máis desfavorecidos e vulnerables«. Un dos criterios «básicos» que debería guiar a xestión desta infraestrutura «é posibilitar o acceso universal dos veciños e veciñas a actividade física no Concello de Ferrol«.

Este estudo «non analiza a situación das instalacións municipais deste tipo na nosa cidade, sobre todo no referente a necesidade que ten a cidade de dispor de máis láminas de auga para cubrir as necesidades deportivas da poboación en xeral e dos clubs deportivos«. Tendo en conta a alta demanda destas instalacións, tanto para o deporte federado como para o seu uso pola poboación, «optar por unha concesión deste tipo asentada baixo uns criterios exclusivamente desde un punto de vista de rendibilidade económica e o seu uso en función do seu aproveitamento por parte do concesionario impide que se poida facer uso destas instalacións dun modo flexíbel en función das posíbeis necesidades municipais«.

Para o BNG non se pode, como fai o plan de viabilidade, «definir aos centros deportivos da cidade como “competidores”, unha cuestión esta que parece impensábel se nos paramos a pensar que estamos a falar dunha instalación pública municipal. O criterio debería de ser estabelecer canles de colaboración con estes centros deportivos e un deseño conxunto da practica deportiva na cidade

Iván Rivas, portavoz nacionalista, afirma que, tras analizar o documento, «a única alternativa viábel é a xestión pública e directa da instalación por parte do Concello de Ferrol mediante medios propios polo que insta ao goberno local a desbotar a proposta de volver a privatizar esta infraestrutura deportiva

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …