Neda-Alumnado do CEIP de Maciñeira coñeceu o funcionamento dos servizos municipais na súa visita ao consistorio

A clase de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Maciñeira realizou unha visita moi especial á casa consistorial. Querían coñecer o funcionamento dos servizos municipais, e para iso, o alcalde, Ángel Alvariño, e a concelleira delegada de Educación, Ángeles Puentes, serviron de guía para amosarlles as diferentes dependencias e solventar as súas dúbidas cos traballadores municipais. Ademais, no seu percorrido, tamén aprenderon a realizar trámites básicos como cubrir unha instancia.

Non só iso, alumnos e alumnas acudían á casa consistorial cunha serie de melloras
que consideran deben realizarse no municipio, tal que asfaltados, melloras nas gradas do campo de fútbol ou avisos para proceder á limpeza de determinadas zonas. Cuestións das que tomaron boa nota no goberno municipal.

Unha visita coa que o Concello abría as portas da casa consistorial ao alumnado.

Lea también

XIX Xornadas literarias de Neda centradas en la literatura japonesa

Todo a punto para el inicio este jueves 25 de las “XIX Jornadas literarias de Neda” que …