Narón-O PP di que a Valedora insta ao Concello a pluralidade da información municipal

Según informa o Partido Popular de Narón «A Valedora do Pobo vén de instar ao Concello de a que elabore un regulamento para determinar as normas de xestión das
redes sociais municipais e da páxina web do consistorio despois de que o PP naronés  denunciara,  o “uso partidista e tendencioso da información”.

Segundo di o PP «o informe emitido desde a institución, o regulamento deberá ser aprobado polo pleno da corporación e terá como obxecto garantir que a información que se difunda por estes medios será veraz, de servizo público e non un instrumento
partidista que poida vulnerar os dereitos de participación política dos membros da
corporación”.

A resposta da Valedora do Pobo, indican os populares, «é contundente respecto ao uso dos medios institucionais e financiados con cartos públicos, polo que insta ao Concello de Narón a difundir informacións veraces e de servizo público dende o rigor e a
neutralidade política, evitando tamén recorrer á crítica partidista e ao ensalzamento dos logros de xestión ou dos obxectivos acadados polas autoridades”.

Ocultar información aos veciños de Narón

Tras recibir o informe, o portavoz do Partido Popular agardou que o Concello “tome nota”, xa que “o noso grupo é a primeira forza da oposición e, como tal, debería ter acceso en igualdade de condicións á verdadeira divulgación das súas iniciativas e actividades”. Dí que é “inaceptable” o trato que se fai ao Partido Popular desde as redes sociais municipais e mesmo desde a web, algo que considera que non se corresponde coa realidade e que o único que fan é ocultar información importante para os veciños de Narón.

O informe é público  e queda claro que o Concello de Narón non está actuando
conforme a legalidade. Agardamos que tomen nota, que se poñan a traballar nun
regulamento e que esta situación non se volva repetir”, concluíu o voceiro popular.

Lea también

Narón-Alumnado do colexio Ponte de Xuvia entregou na Biblioteca o libro “Inventario de animais”

Alumnas e alumnos de sexto curso de Infantil do colexio Ponte de Xuvia de Narón entregaron …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *