O BNG pide garantizar o financiamento dos investimentos nos orzamentos 2021

María do Mar López e Iván Rivas en la casa natal de Ricardo Carvalho Calero | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá unha reunión co goberno municipal para abordar o borrador de orzamentos municipais para o ano 2021. Como paso previo ao debate sobre o documento orzamentario, o BNG transmitiulle a necesidade de asegurar que os investimentos previstos no orzamento municipal para 2021 teñan garantido o seu financiamento «co obxecto de non cometer unha fraude política».

Iván Rivas lembra que unha parte importante dos investimentos teñen previsto financiarse con 12 millóns de euros de endebedamento. A día de hoxe, ese endebedamento está contabilizado como unha liña de crédito nos orzamentos non como unha operación de crédito por valor de 12 millóns de euros para o 2021 que non asegura a totalidade deses proxectos.

É dicir, «non están asegurados os 12 millóns de euros en débeda, senón que o goberno local decidiría canto se contrata e como«. Isto significa que si ao rematar o ano 2021 non se teñen contratados eses 12 millóns de euros «os investimentos asociados á parte dese endebedamento que non se contrate, desaparecerían, e non se poderían executar en posteriores anualidades«.

Para o BNG non asegurar a contratación dese préstamo por valor de 12 millóns de euros «sería unha fraude política«. «Estariamoslles dicindo aos veciños e veciñas que se desenvolverán uns investimentos que non están respaldados por unha consignación orzamentaria«, afirman.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …