Narón-A alcaldesa destaca a xestión realizada no Concello durante os dous primeiros anos do actual mandato

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou a escasos días de cumprirse dous anos da súa toma de posesión, o traballo realizado na cidade, centrado principalmente na atención social a diferentes colectivos, a ampliación e mellora de servizos e infraestruturas e tamén en reforzar áreas como Formación,

Deporte ou Cultura. “Foron dous anos nos que dende os concellos tivemos que afrontar situacións moi complicadas debido á covid-19 para atender as necesidades da veciñanza e garantir que se mantivesen as medidas sanitarias en vigor en cada momento, manter os servizos básicos e ir avanzando no proceso de desescalada para restablecer o resto de servizos e actividades municipais en canto foi posible”, asegurou.

Centrando as prioridades na atención ás persoas máis vulnerables, no Concello
durante o período 2019-2021 continuouse avanzando en materia de accesibilidade.
Realizáronse e poxectáronse investimentos por importe de máis dun millón de euros para facer máis accesibles rúas da cidade como a Mugardos, a da Paz, a zona das
Vivendas da Mariña, e tamén edificios municipais, como o Centro de Formación Irmás Froilaz, a Biblioteca, o edificio do antigo Concello…”, recordou a alcaldesa.

No que respecta aos servizos, recentemente aprobouse a adxudicación á empresa
Urbaser do novo contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e limpeza viaria, que inclúe importantes melloras, por un importe de 30 millóns de euros para os vindeiros 10  anos e con importantes melloras sobre o anterior. A implantación da quinta fracción, a carga lateral, a limpeza dos tres polígonos industriais e o aumento dos desbroces na zona rural forman parte desas melloras, tal e como recordou a alcaldesa.

Muiño de Xuvia

Na área de Patrimonio, indicou, “os avances foron moi significativos no actualmandato, coa contratación da rehabilitación do muíño de Xuvia, que se completará coa musealización, e tamén se adquiriu o muíño de As Aceas co fin tamén de recuperar a construción”. O investimento conxunto rondará os 1,5 millóns de euros, unha partida coa que se recuperará unha parte moi importante do patrimonio e, polo tanto, da historia da cidade e que permitirá abrir esas construcións a usos públicos para a cidadanía.

A rexedora local valorou tamén os avances en materia de eficiencia enerxética,
Nos últimos dous anos destinamos máis dun millón de euros á implantación do
alumeado led en lugares de todas as parroquias do rural, completando a de Doso, e tamén do núcleo urbán e nos vindeiros meses actuarase en materia de eficiencia enerxética no Centro de Formación Irmás Froilaz e noutras zonas da cidade”, apuntou.

Ferreiro recordou que nestes dous anos “en canto á humanización da cidade e accesibilidade renováronse as beirarrúas e pavimentos das Vivendas da Mariña e continuaremos traballando nesta liña cun ambicioso proxecto na avenida da Solaina, que suporá un investimento de 718.000 euros”. A alcaldesa valorou o traballo realizado nos últimos vinte e catro meses e subliñou que “esas actuacións complementaranse con outras como a senda peonil e ciclista entre Freixeiro e Xuvia, orzamentada en algo máis de 530.000 euros; a cuberta do parque da praza 23 de Novembro -243.000-, o reacondicionamento do campo de tiro con arco -239.000- a renovación do céspede artificial do campo do Cadaval -189.000- e outros que nos permitirán continuar mellorando a cidade”.

En materia de saneamento a rexedora local destacou “os avances realizados cun
investimento global de preto de dous millóns de euros que permitiu dotar deste servizo viviendas das parroquias do Val, Pedroso, Sedes, O Couto…” e no referente á mellora de infraestruturas viarias sinalou que “aos máis de 800.000 euros xa investidos na mellora de camiños sumaranse unha nova partida de algo máis de 900.000 para reparar pavimentos e reforzar a rodadura en vías da zona rural e outra de case 600.00 para mantemento de servizos de seguridade viaria na zona urbana”.

Dous anos tras a confianza nas urnas en Terra Galega

“Dous anos despois de que as veciñas e veciños de Narón nos trasladasen a través das urnas a súa confianza en Terra Galega, seguiremos traballando para cumprir cada un dos compromisos adquiridos e continuar construíndo o Narón do futuro, unha cidade que siga apostando polas persoas e ofrecendo novos servizos para prestar a mellor atención á nosa veciñanza”. Finalmente Marián Ferreiro destacou a xestión que se está realizando dende o goberno local “que nos permite seguir avanzando sen débeda bancaria e mantendo conxelados os impostos municipais”

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …