Narón-Aberto o prazo de inscrición nunha clase maxistral de «Iniciación ó cubase”

O Concello mantén aberto ata o 7 de xullo –ás 13.00 horas- o prazo de inscrición nunha clase maxistral de “Iniciación ao cubase” dirixido preferentemente a mocidade de Narón de entre 12 e 30 anos.

O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que se trata dunha convocatoria pensada para que as persoas que participen “aprendan todo o proceso de grabación, produción e mestura dunha canción de calquera estilo musical”. A actividade, que é de balde, desenvolverase os días 15 e 22 de xullo na Casa da Mocidade, entre as 20.00 e as 22.00 horas.

Cada unha destas dúas edicións ten un total de dez prazas e as solicitudes poden presentarse a través da Sede Electrónica de Narón, no Rexistro municipal ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica. No caso de que o número de demanda supere á oferta as prazas adxudicaranse a través dun sorteo, cuxa data, lugar e hora se publicará na web do Concello.

“Iniciación ao cubase: ven e crea as túas propias producións musicais” ten entre os seus contidos: conceptos básicos de audio, configuración de audio e MIDI, o mesturador, editor de mostras, personalización, plantillas e comandos de teclado, organización do proxecto, pista de arranxos e marcadores, automatización avanzada, a pista de tempo e exportación de mestura de audios.

As persoas que desexen recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, no primeiro andar, ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …