Cabanas-O concello anuncia nova data de proxección do filme documental “A poeta analfabeta”

O filme documental “A poeta analfabeta”, dirixido por Sonia Méndez e producido por Cósmica Producións, será proxectado o próximo venres, 25 de xuño, ás 18h no Salón de Plenos do concello de Cabanas.

O relato documental xira en torno ao retrato de Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria, e afonda na súa historia de vida, a súa loita política e a súa obra poética.

As persoas interesadas en asistir á proxección deben reservar praza previamente, a través do correo electrónico normalizacion@cabanas.gal ou por teléfono no 981 495 959 (ext. 6).

Lea también

Declarado un incendio forestal en As Fragas do Eume, en Soaserra-Cabanas

La Consellería del Medio informa de un  incendio forestal, activo , que afecta al Parque …