O Sergas lanza unha campaña de concienciación para doar sangre

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, doa sangue na unidade móbil de ADOS situada na explanada da Consellería.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu na maña deste martes a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que visitou esta mañá o edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro, e que supón unha das primeiras visitas que forman parte da campaña de doazón “Verán 2021”, que se prolongará ata o vindeiro mes de setembro baixo o lema “Súmate ao noso equipo”.

A Consellería de Sanidade salienta a importancia de doar sangue nos meses de verán, xa que é un período do ano de case catro meses no que non diminúe a necesidade de
compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, e continúa sendo
preciso obter unha cifra de entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para posibilitar,
deste xeito, o axeitado desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros
hospitalarios galegos.

ADOS estima que, entre os meses de xuño a setembro, serán precisas ao redor de 40.000 doazóns de sangue para garantir o abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos.

Súmate ao noso equipo

Para posibilitar a consecución deste obxectivo, o departamento sanitario galego salienta que a campaña “Súmate ao noso equipo” de ADOS achegará o solidario xesto da doazón de sangue ata a meirande parte dos concellos galegos durante o período estival, e convida a toda a cidadanía a doar sangue e colaborar activamente.

Sanidade remarca o carácter solidario dos galegos e galegas que, mesmo no pasado ano que estivo marcado pola pandemia sanitaria da covid, non freou a xenerosidade e
compromiso dos cidadáns, xa que Galicia consolidouse como a terceira Comunidade
Autónoma en taxa de doazón de sangue.

Por último, Sanidade agradece a todas e todos os doantes de sangue a súa inestimable
colaboración e compromiso co solidario xesto da doazón, e lembra que se trata dun
chamamento xeralizado a todos os doantes de sangue pero especialmente, nestas
semanas, aos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo.

Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que pon a disposición detoda a cidadanía a súa web http://ados.sergas.gal ; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.gal ; o teléfono de información gratuíto 900 100 828; e as súas páxinas en redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

 

Lea también

El viento, con rachas de más de 150 km/h , deja este miércoles en Galicia más de 160 incidencias

En Esteiro, en Ferrol, también un rayo provocó daños en una farola al alcanzarlo, lo …