O Concello felicita á ferrolá María Victoria Carballo-Calero polo Premio Trasalba 2021

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en nome do Concello, felicitou a María Victoria Carballo-Calero Ramos (Ferrol, 1942) tras recibir recentemente o Premio Trasalba 2021 que cada ano outorga a Fundación Otero Pedrayo.

A catedrática de Historia do Arte Contemporáneo da Universidade de Vigo e Académica de número da Real de Belas Artes de Galicia é filla do filólogo e intelectual
Ricardo Carvalho Calero, a quen o ano pasado se lle dedicou o Día das Letras Galegas,
unha celebración que o Concello de Ferrol estendeu a este ano posto que a crise
sanitaria suspendeu moitos dos actos previstos para conmemorar o recoñecemento que merece o escritor, nacido en Ferrol en 1910.

“En Ferrol sentímonos tremendamente orgullosos da súa traxectoria profesional e
dos recoñecementos que ven recibindo polos seus traballos de investigación”,
comunicoulle o alcalde.

A ferrolá recibirá a homenaxe o próximo 27 de xuño nun acto que terá lugar no
Pazo Museo de Otero Pedrayo, en Amoeiro. A Fundación é unha entidade cultural que
ten como obxectivo manter viva a memoria e a promoción da obra de Ramón Otero
Pedrayo (Ourense, 1888-1976).

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …