Narón-Aproba no pleno tres normas do Plan Normativo 2021

O Concello de Narón aprobou inicialmente tres normas do Plan Normativo 2021: a inspección de actividades do Concello de Narón, o Regulamento do Servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento do Concello e o Regulamento de Xantar na casa –as dúas primeiras coa abstención de BNG e PP e a terceira coa do BNG-.

O Regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento adaptarase ao Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia e no referente ao Plan de Inspección de Actividades do Concello, na nova normativa determinaranse as actuacións prioritarias para o servizo de Urbanismo no que respecta á función inspectora das actividades sometidas a licenza, comunicación previa ou declaración responsable. Con estas variacións mellorarase a calidade e eficiencia tanto da inspección como da comprobación que a normativa actual encomenda aos concellos, se ben esta norma ten un carácter puramente organizativo do traballo interno e da inspección. Finalmente sobre o anterior convenio do programa Xantar na Casa ao que se adheriu o Concello no ano 2010- corrixiranse unha serie de limitacións que se rexistran actualmente sobre a cobertura alimentaria. Con esa finalidade, regularase o sistema de acceso a este programa, o procedemento de concesión e xestión e do funcionamento do servizo.

Na sesión tamén saíu adiante unha declaración institucional con motivo da conmemoración, o día 28, do Día Internacional do Orgullo LGTBI, sumándose o Concello á celebración desa data e comprometéndose a “seguir facendo de Narón unha cidade aberta e plenamente comprometida coa igualdade»

O compromiso do Concello co principio de universalidade dos dereitos humáns, o rexeitamento e a condena de calquera forma de violencia e o compromiso de continuar traballando en políticas a favor da diversidade sexual e a non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero son algúns dos puntos recollidos no documento.

Así mesmo, conferiuse á alcaldesa da cidade para representar ó Concello na vindeira Xunta Xeral de Accionistas da Compañía de Servizos Medioambientais do Atlántico (Cosma SA.) na que se procederá a aprobar as contas anuais do exercicio de 2020.

No apartado de mocións aprobouse a presentada polo BNG a prol de que a fibra óptica chegue ao 100% das veciñas e veciños do termo municipal de Narón –coa abstención do PP- e rexeitouse a presentada polo PP en relación á conectividade no termo municipal de Narón –contou cos votos favorables dos edís populares-.

A moción do grupo municipal do BNG sobre a nova tarifa eléctrica contou co respaldo dos edís de TEGA e PP e o voto en contra dos do PSOE e a moción do PP relativa ao indulto aos líderes independentistas cataláns condenados por sedición non obtivo o respaldo do resto dos grupos. Nesta última dende Terra Galega solicitouse a retirada ó estar “fóra de lugar” no pleno por estar concedido o indulto

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …