Negociación do convenio de axencias marítimas

Os traballadores afectados polo convenio de empresas estibadoras da provincia da Coruña decidirán en asamblea, accións a realizar trala xuntanza do convenio colectivo que terá lugar previsiblemente o día 28 na Coruña. Unha vez celebrada a xuntanza do convenio colectivo, celebrarase unha xuntanza de Delegados da CIG do sector para analizar a situación e determinar as accións propostas nas asambleas de traballadores

A CIG sinala que A Patronal, CCOO e UGT, continúan co «seu teatrillo» na Mesa de negociación do convenio colectivo, «dilatando a negociación para tentar vender o feito de que o ano 2021 está rematado e tentar xustificar así que só se negocie o incremento salarial. Unha xogada que non engana a ninguén, pois é unha xogada xa empregada no anterior convenio».  «Deixar pasar os anos e dicir logo que non ten sentido negociar milloras sociais pois non se poden aplicar non deixa de ser un xogo de trileiros ó que xa nos teñen acostumados».

«Esa é a explicación para que, separándoos un incremento do 1,5% en dous anos fagan o paripé de dilatar a negociación como se estivesen en posicións radicalmente opostas».»O teatrillo non deixa de parecer unha función de aficionados con escaso nível interpretativo».

CCOO e UGT abandonaron a plataforma conxunta acordada coa CIG «às primeiras de
cambio». «Decidiron abandonar a unidade sindical dun plumazo aínda representando na mesa pouco mais da metade da representación sindical». «Ese é o respeto democrático que practican». «Un acto que evidencia novamente a que intereses sirven, e non son precisamente ás do persoal do sector».

«Se a patronal e CCOO e UGT non toman nota do que o persoal está a expresar nas mobilizacións que se veñen realizando, e que no día de hoxe chega ao cuarto mércores consecutivo de concentracións, e teiman en facer ouvidos xordos à clamorosa voz dos traballadores que exixen milloras nas condicións sociais, serán os responsabeis das consecuencias que poidan derivar do recrudecemento do conflicto
e polo tantos das accións que o persoal se verá obrigado a realizar para defender os seu interés en acadar milloras reais no convenio colectivo».

Lea también

Se reactivan as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares

A Xunta reactiva desde este martes 26 as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas …