CCOO. Manifesto conmemorativo do Día Internacional do Orgullo LGTBI

CCOO quere  achegar o seu manifesto «pola diversidade na reivindicación, sempre necesaria, de poder ser como cada quen é» que se conmemora  o día 28

«Este Día do Orgullo LGTBI+ de  2021 en que recuperamos as rúas  respectando todas as medidas de  seguridade, desde CCOO reiteramos  as nosas propostas, recollidas na  Plataforma reivindicativa de dereitos  LGTBI+, e reclamamos con ela  medidas que garantan a igualdade  efectiva de toda a comunidade  LGTBI+» 

«Afrontamos o Día do Orgullo LGTBI+ deste  2021 coa esperanza de ver a saída da  pandemia e recobrar certa normalidade,  tras unha etapa moi dura e con especiais  repercusións para as persoas LGTBI+ que,  en ocasións, víronse dobremente illadas. Un  horizonte de normalidade onde non pode  caber a LGTBIfobia e onde cómpre recalcar que a igualdade efectiva, a dignidade e a  liberdade individual son dereitos adquiridos e  inamovibles para todas as persoas»  

 «Chamamos a toda a sociedade  a respectar as diferenzas e a diversidade e a  tecer alianzas para proclamar o noso lema:  Orgullo de Ser. Un todo que suma» 

«Este Orgullo 2021, organizado pola  Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), COGAM, Colectivo LGTB+  de Madrid e a Asociación de Empresas e  Profesionais para o colectivo LGTBI de Madrid  (AEGAL), celebrarase o vindeiro 3 de xullo  cunha manifestación estatal en Madrid baixo o  lema: «Os dereitos humanos non se negocian,  lexíslanse: Lei Integral Trans Xa». Desde CCOO  sumámonos tanto á celebración deste 28X  Día Internacional do Orgullo LGTBI+ como  á manifestación estatal coa nosa Plataforma  reivindicativa de dereitos LGTBI+ e teimamos  nalgunhas das principais medidas e posicións  incluídas nela:»  

«Aposta por incidir no ámbito do  emprego con propostas que solucionen as  problemáticas de emancipación e autonomía  das persoas LGTBI+ en xeral e das persoas  trans en particular» 

«Presentou unha batería de propostas en  materia laboral, entre elas, as seguintes: o fomento  dos currículos cegos; a formación do persoal  de oficinas de inserción laboral co obxectivo de  ofrecer unha atención integral ás persoas LGTBI+;  a negociación nos convenios colectivos de  medidas que eliminen a discriminación laboral  das persoas LGTBI+; a análise e a negociación,  nas mesas de negociación correspondentes,  de medidas concretas que faciliten o acceso  ás persoas LGTBI+ especialmente vulnerables;  espazos pechados nos vestiarios para garantir a  intimidade das persoas, etc»  

«Aposta, no ámbito da cooperación  internacional, pola promoción de proxectos con  organizacións LGTBI+ nas diferentes rexións do  mundo para favorecer a defensa e o respecto  aos dereitos humanos da poboación LGBTI+  cun alcance global»  

«Aposta, no ámbito das Administracións públicas, por establecer  coordinacións interdepartamentais, ademais  de traballar no Consello de Participación das  Persoas lesbianas, gais, trans, bisexuais e  intersexuais, creado en xuño de 2020, e impulsar  a coordinación de políticas LGTBI+» 

«Pide a posta en marcha en todas  as administracións dun servizo de atención a  vítimas de violencia LGTBI+fóbica»

«Reclama a promoción dunha  política municipalista con garantías de vivencia  plena para persoas LGTBI+ en medios rurais,  con espazos de inclusión que favorezan esa  vivencia en comunidade, e que preserve  especialmente a infancia e a adolescencia» 

«Defende a despatoloxización  das persoas trans e aposta polo camiño da  liberdade, a vivencia plena e con dereitos  integrais, os dereitos humanos e a saúde en  toda a súa extensión» 

«Aposta por garantir a atención  sanitaria en igualdade de condicións en todo  o Estado e desenvolver cantas medidas sexan necesarias para a adecuación profesional  da atención ás persoas LGTBI+ en centros  hospitalarios e de atención primaria» 

«Reclama a eliminación e prohibición  de calquera posibilidade de terapias de  reconversión nos ámbitos estatal e autonómico»

«Avoga pola implementación de  cantas medidas cumpran para a atención  integral de persoas LGTBI+ de especial  vulnerabilidade (solicitantes de asilo, persoas  con diversidade funcional, intelectual,  poboación xitana, racializadas…)»

«Aposta por axilizar a modificación e  actualización dos rexistros administrativos»  

«Propón, no eido da educación,  medidas de prevención, actuación e  intervención para a eliminación da LGTBI+fobia  en todos os ámbitos educativos e contidos  curriculares concretos para o coñecemento das  diversidades en todas as etapas»  

«Reclama a promoción das manifestacións culturais realizadas por  creadoras e creadores LGTBI+ e a creación  dun fondo que recolla a memoria histórica das  achegas da poboación LGTBI+. 

«A igualdade legal debe garantir a igualdade  social. Desde CCOO animamos a cidadanía  a participar no conxunto de accións reivindicativas que se desenvolvan con motivo  deste Día do Orgullo LGTBI+ e proclamamos,  unha vez máis, o noso Orgullo de Ser. Un todo  que suma»

 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …