Cabanas-Asamblea veciñal aberta para informar do proxecto do Parque Eólico Caaveiro

O Concello de Cabanas convoca unha asemblea veciñal aberta o próximo día 3 de xullo, ás 10.30h no Pavillón de Lavandeira, co obxectivo de informar sobre o proxecto do Parque Eólico Caaveiro promovido por ENEL (Endesa), que neste momento se atopa en fase de exposición pública e alegacións.

A xuntanza contará coa participación de Xavier Simón, experto do Observatorio Eólico de Galicia unha entidade de carácter técnico independente integrada pola Universidade de Vigo, a Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto, que desde hai varios anos asesora a concellos, asociacións e outras entidades en relación co despregamento de parques eólicos.

“O obxectivo desta asemblea é poñer a disposición da veciñanza toda a información dispoñíble sobre este proxecto que propón a instalación de tres aeroxeneradores en Cabanas, resolver as dúbidas sobre afeccións ou dar unhas pautas sobre como orientar as posibles alegacións”, sinalou o tenente alcalde e responsable da área de medio ambiente, Iago Varela.

Malia non ser preciso inscribirse para participar na xuntanza prevista para o próximo sábado, por razóns de aforo recoméndase que por cada domicilio ou familia acuda unha única persoa.

O proxecto do Parque Eólico Caaveiro está promovido por ENEL (ENDESA) e prevé a instalación de 14 aeroxeneradores en Cabanas, Fene, Neda e San Sadurniño, afectando ademáis ós municipios de A Capela e As Pontes no trazado da liña de evacuación

Lea también

As Pontes invirte preto de 110.000€ na mellora da rúa da Balsa

O Concello de As Pontes investirá 109.053 euros, procedentes da Deputación da Coruña, no proxecto …