Narón-Convoca oito prazas a través de concurso-oposición libre

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio do Concello de Narón coas bases específicas para a provisión de oito prazas a través de concurso oposición libre. En concreto, tal e como indicou o edil de Persoal, Pablo Mauriz, ofértanse unha praza de técnico superior de normalización lingüística (grupo A1, nivel 22), unha de auxiliar administrativo/a do Padroado da Cultura (grupo C2, nivel 14), outra de administrativo/a do Concello (grupo C1, nivel 16), unha de axente de desenvolvemento local (grupo A2, nivel 20), outra de orientador/a laboral (grupo II, nivel 20), de traballador/a social (grupo A2, nivel 20), e dúas de peón de limpeza e desinfección de gando (nivel 12).

As persoas interesadas en presentarse deberán entregar a instancia cumplimentada acompañada dunha copia do DNI, a copia da titulación esixida e o xustificante de pago dos dereitos do exame. No BOP do día 28 especifícase o temario de cada unha desas prazas, se ben o prazo de presentación das instancias farase público unha vez que se publique o anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …