As Pontes-Os sindicatos chaman á mobilización masiva polo mantenemento do emprego

As Pontes será o epicentro este mércores, día 30, dunha nova mobilización polo emprego e o futuro da comarca, na defensa dunha transición enerxética xusta.

O sindicatos CCOO, CIG e UGT fan un chamado a toda a ciadanía da comarca para que se impliquen e tomen parte na protesta a pé que partirá este mércores as 20:00 horas desde a Casa do Concello.

«Co peche de Endesa, As Pontes empobrécese. A eléctrica non reverte na comarca os inxentes beneficios que obtivo durante as décadas de explotación da mina e da central. Endesa é culpable, pero tamén as Administracións públicas que consinten esta desfeita, con promesas e palabrería de transición xusta que non se concreta en nada”, denuncian os sindicatos.

«O camiño que nos queda é darlles mañá nas rúas unha gran resposta social que obrigue a Endesa a negociar o mantemento do emprego e unha proposta industrial para As Pontes”, sinalan

O pasado 17 de xuño, o persoal das auxiliares e transportistas do carbón levaron a súa protesta até as portas da sede do Goberno galego, en San Caetano; e o 25, o persoal cortou o acceso á central en protesta tralo anuncio de Maessa, unha das grandes empresas subcontratistas de Endesa, de que vai proceder ao traslado forzoso de 30 dos 47 traballadores contratados a 1 de xullo.

CCOO REXEITA O TRASLADO DOS OPERARIOS DE MAESSA 

Desde CCOO, nun comunicado sinalan que «queremos manifestar o noso respaldo ao persoal de Maessa contra o desprazamento dos operarios ós que a empresa quere derivar a Asturias e Francia neste mes de xullo».

Representantes do Comité mantiveron este martes, día 29, unha reunión na Asesoría Xurídica de CCOO en Ferrol para estudar as posibles accións legais contra a decisión da empresa de desprazalos fóra da vila pontesa.

Lea también

As Pontes invirte preto de 110.000€ na mellora da rúa da Balsa

O Concello de As Pontes investirá 109.053 euros, procedentes da Deputación da Coruña, no proxecto …