Narón-Celebrará a segunda edición de concertos «Noites á fresca»

As entradas para os dous concertos que se celebrarán na segunda edición de “Noites á fresca” poderán retirarse, de balde, a partir de mañá xoves na web: www.ataquilla.com

O venres día 16 de xullo actuarán Budiño&Novoa a partir das 22.00 horas e o sábado día 17 A Banda da Loba, nese mesmo horario e en ambos casos xunto á centenaria magnolia de Xuvia. A través deste evento apóstase por impulsar as actividades culturais, neste caso os concertos, en espazos de interese turístico e patrimonial da cidade.

Budiño&Novoa interpretarán algúns dos seus éxitos musicais e tamén temas novos creados para este espectáculo e outros versionados. No caso da Banda da Loba tamén cantarán temas propios e musicalizacións de poetas célebres e textos de poemarios de escritoras contemporáneas, ó tempo que presentarán na cidade “Fábrica de luz”, o seu novo traballo.

A música dos profesionais que participan nesta segunda edición de “Noites á fresca” combinarase cunha posta en escena moi coidada, na que a iluminación do espazo cobrará un papel fundamental.

En total poderanse reservar 120 entradas para cada un dos concertos programados neste evento.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …