Narón-O Concello mellora a accesibilidade e eficiencia enerxética do Centro de Formación Irmás Froilaz

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz,  desprazáronse na mañá deste xoves ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, con motivo do remate das obras de accesibilidade que se levaron a cabo nas citadas instalacións municipais. O Concello destinou unha partida de preto de 100.000 euros a esta actuación, cofinanciada con cargo ao POS+2020 da Deputación da Coruña.

Ferreiro recalcou que “a materialización deste proxecto permite que o Concello conte cun edificio máis accesible para todas as persoas que ao longo do ano acuden a estas instalacións, donde se imparten os cursos do Programa Municipal de Formación”. Con cargo a este proxecto xa rematado acometéronse intervencións como a instalación dun ascensor, melloras nos vestiarios, habilitación dunha praza de estacionamento para persoas discapacitadas e unha pasarela de acceso peonil ata o interior do edificio.

Todas estas melloras, moi necesarias nesta edificación, permitirán ao Concello continuar avanzando para facer os edificios municipais máis accesibles á cidadanía”, recalcou.

Así mesmo, Ferreiro avanzou que nos vindeiros días dará comezo outra importante actuación nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. As obras de mellora da envolvente térmica destas instalacións suporán un desembolso de algo máis de 300.000 euros e cofinanciaranse neste caso con cargo á subvención do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, tras concederse a subvención solicitada dende o Concello ao Ministerio de Transición Ecolóxica. A actuación a acometer consistirá na mellora das características térmicas do edificio, actuando sobre a envolvente do mesmo. Substitución das planchas da cuberta, illamento exterior na fachada, cambio de ventás… son algúns dos traballos que se levarán a cabo nos vindeiros meses de cara a esa mellora da súa eficiencia enerxética e que complementarán outros traballos que xa levou a cabo o Concello nesta mesma
liña.

Continuaremos avanzando na liña de facer un Narón máis accesible,
tanto nas rúas, donde xa se levaron a cabo e están proxectados importantes
investimentos, como nos edificios municipais, como é neste caso, cun centro de formación polo que anualmente pasan centenares de alumnas e alumnos de Narón e tamén doutros concellos”, apuntou.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …