Narón-Esgotadas as entradas «Noites á Fresca»

En menos de vinte e catro horas esgotáronse as entradas para asistir aos concertos do programa “Noites á fresca” que terán lugar os días 16 e 17 de xullo xunto á magnolia centenaria de Xuvia.  O día 16 actuarán Budiño&Novoa e o 17 A Banda da Loba, en ambos casos a partir das 22.00 horas.

O Concello de Narón habilitou un total de 120 entradas, de balde, para cada un destes concertos, que se puxeron á venda onte ás 12.00 horas e que se puideron reservar a través da plataforma www.ataquilla.com , esgotándose esta mesma mañá.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …