Narón-Quinta edición do programa municipal “Verde que te quero verde”

No Concello de Narón as actuacións de Oviravai, Roger de Flor e A Tribo inauguraron hoxe día 4 os espectáculos da quinta edición do programa municipal “Verde que te quero verde”

A primeira das citas, dirixida a público familiar e infantil, tivo lugar na Praza Irmás Freire, donde nenas e nenos e tamén maiores desfrutaron dunha xornada de música ao aire libre. O Padroado da Cultura de Narón organizou un ano máis esta convocatoria, que inclúe un total de oito espectáculos, todos eles de balde, durante todos os domingos deste mes.

O grupo Oviravai intégrano Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Wlicki e David Álvarez, que interpretaron esta mañá, a partir das 12.30 horas, temas do seu primeiro traballo “As andanzas de Paio”. As cores, as estacións, as vogais, a transmisión de valores como a amizade e a solidariedade estiveron moi presentes neste espectáculo. A continuación deu comezo a actuación dos integrantes de Roger de Flor e A Tribo, con Roger de Flor, Serxio Galego, Silvia Fralleoni e Nicolás Vidal. A combinación de estilos como o folk e o pop, o swing e a bossa… con cancións en galego, castelán, italiano, inglés e portugués, lograron atraer tamén a atención e os aplausos do público
durante o espectáculo.

A seguinte cita do programa municipal “Verde que te quero verde” terá lugar o domingo 11 de xullo, cando actuarán Paco Nogueiras e Ukestra do Medio na zona verde da rúa 25 de Xullo (Alto do Castiñeiro). O día 18 de xullo será o turno na rúa Francisco Pizarro (A Solaina) de Lydia Botana e Mad Martin Trío e o peche desta edición do programa correrá a cargo de Sérgio Tannus e Emilia y Pablo no parque da rúa da Mariña Española o día 25 de xullo. Todos os espectáculos darán comezo ás 12.30 horas.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …