O centro municipal Torrente Ballester acollerá un documental sobre Xela Arias

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Cristina Prados, colabora coa secretaría xeral de Política Lingüística, no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2021, para a celebración da actividade Xela Arias. Poeta nas marxes, que consiste nunha proxección audiovisual do documental dirixido por Beatriz Pereira arredor da autora homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega (RAG).

A edil informou que a proxección está dirixidas ao público desde os 12 anos de idade. Chegará a Ferrol, como concello integrado na Rede de Dinamización Lingüística, o próximo día 10 de xullo, ás 12.00 horas, na capela do centro cultural Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n).

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra de Xela Arias, deténdose en todas as arestas que fixeron dela “unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora e a súa pegada na vida cultural galega”, apuntou a edil. Para asistir é necesaria a inscrición previa no correo electrónico gnl@ferrol.es.

Lea también

Xavier Alcalá e Manel Cráneo presentan en Ares a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres 19 de abril, ás 19:30 …