Narón-Reabre o circuito de pump truck

O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou a reapertura, esta mesma tarde ,día 6, das instalacións do circuíto de pump truck localizado entre os barrios de Santa Icía e O Alto. Abrirase de novo ao público tras realizarse nos últimos días unha serie de traballos de mantemento das instalacións.

As melloras realizadas consistiron en reparacións do firme do trazado e tamén no repintando do mesmo, tal e como apuntou Oreona. Estas instalacións, inauguradas no ano 2019, pódenas utilizar persoas con patinetes, patíns e bicicletas para a práctica de deportes de inercia.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …