O BNG pide dotar ás traballadoras do SAF con máscaras FFP2

María do Mar López e Iván Rivas na casa natal de Ricardo Carvalho Calero | Adán Puentes

Maria do Mar López, concelleira do BNG en Ferrol, defendeu que as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dispoñan de máscaras FFP2 para desenvolver o seu traballo en condicións de maior seguridade.

A concelleira formulou esta petición ao goberno local no transcurso da comisión informativa de Benestar co obxectivo de que desde o goberno municipal se dirixan à empresa concesionaria do servizo para que atenda esta solicitude das propias traballadoras que prestan este servizo municipal.

Lembrou que por parte da empresa adxudicataria deste servizo están a suministrar ás traballadoras máscaras cirúrxicas en vez de FFP2. É por iso que desde o BNG creen «moi necesaria a distribución de máscaras FFP2 ás traballadoras do SAF, porque ainda tendo a pauta de vacinación completa non garante que non sexan transmisoras da enfermidade así como tampouco ser infectadas debido a que no seu traballo non existe a distancia de seguridade e están en ámbitos pechados, ou de pouca ventilación

Así mesmo para o BNG a nova concesionaria do servizo de axuda no fogar en Ferrol, «deberia suministrar a todas as traballadoras máscaras FFP2, sen nengún tipo de excepción para garantir a saúde de traballadoras e usuarias e o goberno local debe ser garante disto e preocuparse porque sexa así.«

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …