Narón-Restricións no tráfico en Xuvia por obras no edificio do xulgado

O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que xa se comezaron a aplicar as restricións de tráfico previstas dende o Concello con motivo do inicio das obras de mellora do edificio do xulgado, en Xuvia.

O acceso dende a estrada de Castela pola rúa da Praza do Concello estaba cortado a última hora da tarde do martes e tamén se anularon temporalmente as prazas de estacionamento en batería ubicadas diante do citado edificio. «Estas restricións manteranse en vigor en función das necesidades da obra, que ten un prazo de execución de dous meses para non interromper o avance dos traballos e garantir a seguridade na zona» apuntou Romero.

O Concello destina unha partida duns 52.000 euros á reparación da cuberta do edificio, unha actuación que se complementará coa de colocación de canalóns e baixantes e o pintado exterior.

Lea también

O BNG de Narón denuncia o abandono da cartelería informativa das rutas de sendeirismo e etnográficas.

O BNG de Narón solicita ao goberno municipal o arranxo da cartelería informativa que se …