Narón-Impulsa a campaña “Eu Sumo” a través do programa “Un mundo cheo de diversidade”

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentou na mañá deste mércores a campaña «Eu Sumo» que se desenvolverá este ano no marco do programa «Un mundo cheo de diversidade»

A edil naronesa avanzou que se trata dunha proposta «de sensibilización en redes sociais e nos medios de comunicación na que daremos a coñecer historias diversas de usuarias e usuarios das entidades participantes». García explicou que o nome desta campaña responde a que «a diversidade sempre suma»

Dende o Concello, tal e como recordou a edil, contactouse co tecido asociativo da cidade para ofrecerlle a posibilidade de participar nesta actividade

Finalmente, indicou, sumáronse a Asociación Sociocultural ASCM, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, a Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a Asociación Síndrome de Down «Teima» a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor), A Asociación de Loita contra as Enfermidades doRil (Alcer), a Asociación Movilidad Humana, a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes).

«Quero agradecerlles a todas elas unha vez máis a súa boa disposición e implicación para participar nesta campaña, e a todas as que non puideron facelo este ano, agradecerlles tamén o seu labor na sociedade e animalas a que desfruten do traballo realizado en «Eu Sumo»

Os vídeos protagonizados por usuarias e usuarios das entidades participantes poderanse ver os días 23 e 30 de xullo; 6 e 13 de agosto; 3 e 10 de setembro e 1 de outubro. «As emisións son os venres ás 19.00 horas e os mércores previos poderase ver unha pílula a modo de avance, sendo o primeiro deses avances cun resumo da primeira historia o vindeiro 21 de xullo», avanzou García. A concelleira animou á cidadanía a darlles difusión, a través dos cancelos da campaña: #eusumo, #naronsuma e indicou que se poderán ver en Instagram –eu_sumo-, en Tick Tok –Eu_sumo-, en YouTube –Eu Sumo- e no Facebook –Concello de Narón-.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …