Narón-Curso de instalación de pladur, pintura e revestimentos

A concelleira de Formación Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo, o luns día 19, para inscribirse nun curso de Instalación de Pladur, pintura e revestimentos do Programa de Formación Municipal.

A edil recordou que as accións formativas deste programa se dirixen a persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas. As clases impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara –as prácticas nas instalacións das empresas colaboradoras- entre o 2 de agosto e o 5 de novembro deste ano, entre as 8.30 e as 14.30 horas na aula, de luns a venres –as prácticas en empresa no horario que se determine e un máximo de oito horas ao día-.

Prevención de riscos laborais e ambientais específicos do sector, nocións básicas de albanelería e «replanteo» organización do traballo, preparación de superficies, aplicación de pintura a man e con compresores e pistolas de pulverizar, placa de cartón xeso laminado (pladur): características, tipos de placas e transformados, colocación de revestimentos interiores e exteriores, revestimentos continuos e pavimentos especiais… forman parte dos contidos que se abordarán nesta acción formativa.

Hermida explicou que se ofertan un total de quince prazas, para as que as persoas interesadas se podrán inscribir dende o luns 19 ás 8.30 horas ata o 26 de xullo ás 13.00 horas.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello -8.30 a 13.00-, na Sede Electrónica de Narón ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de rexistro. O listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica tralo prazo de reclamacións publicarase o definitivo tamén na Sede Electrónica- e o alumnado será informado telefonicamente da súa admisión para a confirmación da praza.

As persoas que desexen recibir máis información poden facelo a través da web do Concello, na Sede Electrónica do Concello ou contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

Narón-Megasa suspenderá el turno de mañana debido a los altos costes energéticos

La siderurgia de Narón solo fundirá en las noches y durante los fines de semana …