Narón-«Espazo Verde» mercado de promoción do comercio local

Os edís de Promoción Económica, David Pita, e Feiras e Mercados, Santiago Galego desprazáronse este sábado, día 17, ó parque do Río Freixeiro con motivo do inicio de «Espazo Verde», un mercado de divulgación do comercio local no que participan preto dunha vintena de postos locais.

Ás 11.00 abrían os postos de venda, instalados baixo unhas carpas, e tamén as food trucks que acudiron a este evento organizado polo Concello ate as 00.00 h e  este domingo, día 18, ininterrompidamente, de 11.00 a 00.00 horas.

Nos postos instalados na zona do parque do Río Freixeiro podíanse adquirir productos de alimentación, roupa, complementos, artículos artesáns, elementos decorativos… e tamén informarse sobre alimentación saudable, baile, cortar o pelo e destinando o custe a causas benéficas… Así mesmo, ao longo da mañá impartíronse clases de ioga e sucedéronse as actuación musicais, con Carlos Mosquera, «Mos» e «The Duelist»

Na tarde deste sábado partir das 17.00 horas, iniciouse a festa infantil con participación limitada e masterclass de zumba e exhibición de hip hop e a última hora, de 20.30 a 22.00 horas a actuación da formación «Lode» e de 22.30 a 00.00 horas «3D Band»

Na xornada deste domingo ás 11.00, sesión de asesoramento nutricional e consellos sobre alimentación saudable; ás 12.00 un obradoiro de chapas con participación limitada; de 13.00 a 14.30 un concerto de Isma Taboada e de 15.00 a 16.30 outro concerto, nesa ocasión de Rocío Varela, ás 17.00 horas un obradoiro de slime con participación limitada; ás 19.30 unha masterclass de «Upa jump» ás 20.00 unha exhibición de baile deportivo e de 21.30 a 23.00 horas un concerto do «Dúo Cortem»

Para acudir como público poderase rexistrar previamente, de balde, a través da web:comunicacion@naron.es www.espazoverde.es  aínda que tamén se poderán facilitar os datos nomomento de acceso ao recinto, pola entrada habilitada para tal fin.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …