Narón-Publicación da relación das subvencións concedidas a través de «Narón Impulsa»

A resolución final da xustificación das subvencións concedidas a través do programa municipal «Narón impulsa» xa está publicada na Sede Electrónica do Concello de Narón –sedeelectronica.naron.es-

A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que «as persoas que recibiron estas subvencións, destinadas a empresas e autónomos da cidade para paliar os efectos da covid-19 no sector, poden consultar xa o listado no que figuran todos os expedientes e comprobar se cumpriron as bases reguladoras ou se, no caso de non ser así, deben facer algún reintegro»

A rexedora local avanzou que na maioría dos casos se cumpriron as bases e indicou que aqueles beneficiarios que teñan que facer algún reintegro poden informarse sobre o procedemento a seguir chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123)

As persoas que o consideren poderán presentar recurso potestativo de reposición durante o prazo dun mes ou contencioso administrativo no prazo de dous meses, tal e como se establece na resolución publicada na Sede Electrónica do Concello

Ferreiro explicou que «co fin de ofrecer a máxima axuda nos peores momentos ó sector o Concello pagou xa o pasado mes de agosto estas subvencións, axilizando ao máximo os trámites pertinentes para non retrasar o pago»

Así mesmo, recordou que o Concello abonou 1.140.000 euros a algo máis de medio milleiro de empresas/autónomos que solicitaron estas axudas, que foron, según o caso, de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros para cada unha delas.

Lea también

Narón acolle as “I Olimpíadas Nacionais Escolares de Seguridade Viaria”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este xoves 9 a primeira edición das Olimpiadas …