Narón-Aberto o prazo de inscripción para as saídas «Coñece o noso patrimonio natural»

O concelleiro de Medio Ambiente, de Narón,  Santiago Galego, anunciou a apertura do prazo, día 22, para inscribirse  nunhas saídas de observación da flora e da fauna que se levarán a cabo pola zona do LIC Xuvia-Castro, de Rede Natura 2000.

«Coñece o noso patrimonio natural» é o lema desta proposta, na que profesionais no ámbito da flora e da fauna encargaranse de guiar ás persoas que acudan e ofrecerlles información das diferentes especies a medida que avancen no tramo a percorrer, tal e como indicou Galego.

As saídas serán o vindeiro mércores, día 28, polo paseo marítimo de Xuvia, a primeira delas ás 18.00 horas e a segunda ás 19.30, e dunha hora e media de duración, aproximadamente.

Realizaranse grupos dun máximo de doce persoas e seguirase o protocolo pertinente para a prevención da Covid-19.

Galego animou á cidadanía a participar nesta convocatoria «para coñecer mellor e da man de expertos na materia boa parte da flora e da fauna propias da nosa cidade»

As persoas que desexen acudir poden anotarse, de balde, a través da páxina web: www.evenbrite.es

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …