O BNG lamenta «o silencio de Mato» diante do goberno do Estado

María do Mar López e Iván Rivas na casa natal de Ricardo Carvalho Calero | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, lamentou o «silencio» do alcalde, Ángel Mato, diante dos e das representantes do goberno do Estado «e lle esixe que ademais de para ir sacarse fotos aproveite os actos nos que participa para trasladar e demandar solucións aos problemas da nosa cidade«.

Lamentou que o alcalde da cidade non aproveitara o acto no que participou coa nova Ministra de Transportes para «exixir ao Goberno do Estado que consigne fondos económicos para acometer a mellora e modernización da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña«.

Iván Rivas considera «triste» para Ferrol o «esperpento ao que nos somete Ángel Mato co tema das conexións ferroviarias na cidade«. Un alcalde que nos últimos meses «presentou publicamente, nada máis e nada menos que, tres estudos diferentes sobre a materia pero cando se presenta diante da Ministra garda un sepulcral silencio«.

Advertíulle ao alcalde da cidade que o problema «non é a falta de estudos senón a falta de compromiso político e económico para executalos. Aí é onde radica o verdadeiro problema» e lamentou que onte Ángel Mato «evitara pronunciarse sobre a discriminación à que o goberno central somete a nosa cidade e as nosas conexións ferroviarias«.

O portavoz nacionalista afirmou que, diante da situación que estamos a vivir na cidade e na comarca é «incomprensíbel a actitude do goberno do estado obviando as necesidades da nosa cidade e máis incomprensíbel é a actitude compracente de Angel Mato incapaz de esixir e demandar solucións a estes problemas«.

A presencia, semanas atrás, da secretaria de Estado de Defensa en Ferrol, a semana pasada da Ministra de Facenda en Fene, ou a participación do alcalde nun acto coa Ministra de Transportes na Coruña, no día de onte, «evidencian o papel totalmente sumiso de Ángel Mato para co goberno central incapaz de expoñer os problemas de Ferrol«.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …