Narón-Novas citas do ciclo «Cine de Verán»

O ciclo «Cine de Verán» continuará na cidade de Narón coas sesións programadas para este xoves, día 29, e o venres 30 en Pedroso e San Mateo, respectivamente.

A pista polideportiva de Pedroso acollerá o xoves día 29 ás 22.30 horas, a proxección da película «Pets 2» . O can Max e os seus amigos Gidget, Mel, Chole, Luke e Pompón, tamén mascotas, comparten unha serie de segredos cando os seus donos non están na casa, pero a vida de Max dará un xiro importante coa chegada dun bebé, Liam, o fillo da súa dona, que o levará a afrontar unha serie de medos.

Na xornada do venres día 30 poderase ver na pista polideportiva de San Mateo, tamén ás 22.30 horas, o filme «A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol» protagonizada por Mumú, unha vaca, e os seus amigos, Milo, Olga, Alfred, Talao e Rita.

Estes últimos teñen un aspecto moi diferente a ela, e están confeccionados con telas moi coloridas. Xogando ve un rebaño de ovellas e envidia a súa cor branca pero logo descobre que en realidade son estrelas e Mumú quere selo tamén, polo que vivirá unha serie de aventuras que a levarán a descubrir que ser diferente aos demais é o que nos fai únicos.

O ciclo, con entrada de balde e iniciado o pasado 8 de agosto, impúlsao un ano máis o Padroado da Cultura en colaboración da Deputación da Coruña.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …