Narón-Obradoiro do Servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural

O Concello de Narón ofrecerá a través da Deputación da Coruña un obradoiro do proxecto «Cuidadanas» enmarcado no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Mujeres.

Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, polo que se dirixe a mulleres que de xeito non profesional coiden ou coidasen a persoas en situación de dependencia.

As edís de Benestar Social, Catalina García, e Igualdade, Mar Gómez, deron a coñecer a convocatoria, anunciando que é de balde e que se será preciso para que se imparta cubrir alomenos oito prazas, tendo preferencia persoas de Narón.

O curso desenvolverase os xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro entre as 10.30 e as 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1).

Entre os contidos que se abordarán están: Saúde e autocoidado, «Quen coida de min»; Xestión do tempo, «O teu tempo, o teu lecer»; Escoita activa, «Se me escoito, escóitote»Dixitalizadas, «Manexando o móbil» e Prevención do acoso na rúa.

Coa finalidade de mellorar as competencias dixitais das mulleres a través do programa Digitalizadas, da Fundación Mujeres, impartirase un obradoiro de uso de teléfonos móbiles para que desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e reducir deste xeito a fenda dixital de xénero. Neste último abordaranse temas como o uso do móbil intelixente, a xestión do correo electrónico e seguridade nas redes.

As persoas interesadas en acudir poden informarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109)

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …