Narón-Resolución da aprobación da xustificación das subvencións do PEL-Reactiva

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a resolución da aprobación da xustificación de subvencións concedidas ó abeiro do programa PEL-Reactiva.

Unha vez presentadas as pertinentes facturas xustificativas por parte dos beneficiarios destas axudas, procedeuse á súa comprobación para emitir a xustificación final, que pode consultarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, sedeelectronica.naron.es, no Taboleiro de anuncios e no Catálogo de Servizos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de resolución no prazo dun mes, ou recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, a partir de mañá venres.

Tras esta publicación no BOP a Tesourería Municipal comprobará antes do pago das pago de subvencións que as persoas e empresas beneficiarias están ó corrente coas obrigas tributarias co Concello.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …