Narón-Vendidas preto de 2.000 entradas para os espectáculos do último cuadrimestre do ano

O Padroado da Cultura vendeu dende o pasado 4 de agosto preto de 2.000 entradas ó público xeral para acudir a algún dos vinte e tres espectáculos programados entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura.

O alcalde accidental e edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou que «as vendas avanzan a moi bo ritmo» e destacou a calidade dos espectáculos que se sucederán nos últimos catro meses do ano no Pazo.

En canto á acollida dos mesmos, polo momento vendéronse máis localidades para ver a comedia «Quen dixo medo?» o venres 17 e sábado 18 de setembro, protagonizada por Carlos Blanco e Oswaldo Digón; «Los pazos de Ulloa» que se representará

Os días 24 e 25 de setembro e con Pere Ponce e Olivia Molina entre o elenco; a comedia «Aquí tou» protagonizada polo cómico galego Xosé Antonio Touriñán, que estará o 16 de outubro no Pazo;

A obra «Las criadas» que se poderá ver o 30 de outubro e de cuxo elenco forma parte a actriz Alicia Borrachero e «Anfitrión» que o 27 de novembro traerá a Pepón Nieto, Toni Acosta e Daniel Muriel, entre outros recoñecidos actores, ó Pazo da Cultura.

Dende o Padroado da Cultura informouse que polo momento quedan entradas dispoñibles para todos os espectáculos deste ano, se ben se incidiu en que nos anteriormente indicados as vendas avanzan a maior ritmo.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …