Narón-O Padroado da Cultura abrirá do 1 ó 24 de setembro o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais

O vindeiro 1 de setembro e ata o 24 do mesmo mes permanecerá aberto o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura.

As persoas interesadas en acudir deben inscribirse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00horas e de 17.00 a 19.00 horas podendo solicitar máis información ó respecto chamando ó número de teléfono 981 391 144, tal e como explicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo.

Entre a oferta das Escolas Tradicionais están as clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está a modalidade de O Recuncho dos Pequechos.

Outra das opcións a elixir son as Escolas Artísticas, donde hai novamente dúas opcións: Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum.

O prezo de cada unha destas actividades é de 63,10 euros por curso a excepción de segundo e terceiro da Escola de Formación Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso.

No Padroado da Cultura tamén se ofrece a posibilidade de matricularse en Bailes de salón (a partir de 4 anos), cun custe de 31,60 euros por matrícula e unha cota de 15 euros ó mes.

As clases impartiranse entre os meses de outubro deste ano e maio de 2022, ambos incluídos.

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …