Este martes na praza do colexio de Xuvia representación da obra “Elemental”

Este martes, día 17 de agosto, na praza do colexio de Xuvia representación da
obra “Elemental” a partir das 21.30 horas

A obra, de pequeno formato, creada e interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Casal e o pianista Juanjo Fernández, está dirixida a público familiar e constitúe un proxecto xestionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo XXI.

A obra, presentada no Concello pola concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e Patricia Romero, integrante da AVV Altea de Xuvia, mistura a música do piano con stand-up, teatro, cancións, humor e drama para contar historias.

As persoas que desexen acudir poderán facelo ata completar o aforo.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …