Narón-Obradoiros de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Educación Infantil e Primaria

Os obradoiros de iniciación á lingua inglesa enmárcanse no PROMEDEX (Programa Municipal de Educación Extraescolar) do Concello de Narón.

O obxectivo principal é realizar unha inmersión lingüística na lingua inglesa, do alumnado de educación infantil e de primaria, a través dunha metodoloxía lúdica. Están dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria escolarizado en centros de ensino de Narón, organizados en grupos atendendo ós cursos e idades:

– Grupo I: alumnado de 4º e 5º de educación infantil (3, 4 anos)
– Grupo II: alumnado de 6º de educación infantil e 1º de educación primaria (5 e 6 anos)
– Grupo III: alumnado de 2º e de 3º de educación primaria (7 e 8 anos)
– Grupo IV: alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria (9, 10 e 11 anos)

As datas de celebración serán de outubro de 2021 a maio de 2022 e impartiranse na Casa da Mocidade da Gándara cun horario de 2 horas á semana en horario extraescolar. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adminstrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

O número de prazas por grupo adaptarase ás medidas de prevención específicas establecidas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia.

As persoas interesadas poderán obter máis información na sede electrónica, Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, 1ª planta e Tlf. 981337700 ext. 1111/1108/1109

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …