Narón-Obradoiro de Robótica educativa I e II

O Obradoiro de Robótica, un dirixido a alumnado de 8 a 11 anos (Robótica I) e outro dirixido a alumnado de 12 a 14 anos (Robótica II), trátase dun obradoiro de robótica educativa que presenta a tecnoloxía aos nenos e nenas dunha forma lúdica, onde a aprendizaxe se realiza a través do xogo.

É unha actividade innovadora e divertida deseñada para desenvolver as competencias e habilidades precisas para afrontar os desafíos do século XXI co obxecto de fomentar no alumnado a adquisición de habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento persoal: creatividade, resolución de problemas, cooperación, traballo en equipo, autoconfianza, razoamento lóxico, analítico, pensamento crítico, etc.

As datas de celebración serán de outubro de 2021 a maio de 2022 e o lugar de impartición a Casa da Mocidade na Gándara. Constarán dunha sesión semanal de 1h e 30 minutos de duración en horario extraescolar.Algúns dos contidos no Obradoiro de Robótica serán:

– Aprender conceptos básicos de programación por bloques utilizando programas como: Scratch Junior, Lego Wedo 2.o e Makecode de Microsoft.

– Crear videoxogos en 2D utilizando a plataforma Arcade/Makecode de Microsoft

-Programar drons intelixentes Parrot Mambo para que realicen tarefas sinxelas utilizando a programa por bloques Tynker.

– Comprender o funcionamento dun ordenador. Sistema binario e linguaxes de programación.

-Coñecer o funcionamento dos circuítos eléctricos. Realizar proxectos de reciclaxe utilizando materiais de refugallo mesturándoos con placas programables como Playgroundexpress.

– Construción e programación dun robot con Lego Wedo 2.0 interpretando planos

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón

As persoas interesadas poderán obter máis información no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, 1ª planta, e no teléfono 981337700 ext. 1111/1108/1109

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …