Narón-Acción formativa de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais

O xoves día 2 de setembro rematará o prazo de inscrición para a acción formativa de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do itineratio de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.

Este Itinerario facilita a profesionalización, e como consecuencia o acceso a postos de traballo mediante a cualificación, recualificación ou actualización das competencias profesionais necesarias e requiridas polo mercado laboral no ámbito da atención sociosanitaria. A participación neste itinerario facilita o acceso ó certificado de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego sempre e cando as persoas participantes cumpran tanto os requisitos de acceso como os de participación.

No Concello de Narón a acción formativa impartirase previsiblemente na 2ª semana do vindeiro mes de setembro, no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz cun total de 592 horas lectivas.

As persoas interesadas en participar poden recibir información e entregar a documentación esixida no prazo establecido dirixíndose ao persoal técnico dos servizos de emprego e desenvolvemento local do concello: AEDL Concello de Narón Tlf. 981337700 ext. 1123  a.lagoa@naron.es

Lea también

Contacontos no CPR Santiago Apóstol de Narón

A escritora e mestra, Paula Merlán, visitou na xornada deste xoves aos alumnos e alumnas …